Formación Gratuíta Prioritariamente Persoas Desempregadas 2025/2026
Online e presenciais
1ª REMESA



Inscríbete aquí !
Completa o formulario que atoparás máis abaixo e o noso equipo poñerase en contacto contigo para axudarche a elexir o curso que mellor se adapta ó teu perfil e obxectivos.
Prazas limitadas. Formación 100% gratuíta.
Non perdas a oportunidade!

Pódeche
interesar
Que significan os novos Graos A, B, C, D e E na Formación Profesional?
Desde a nova Lei de Formación Profesional, o sistema de titulacións cambiou para adaptarse mellor ao mundo laboral. Agora calquera persoa, independentemente de cando estudou ou da súa experiencia, pode seguir formándose ou acreditar o que xa sabe facer.
Cal é o obxectivo?
Ofrecer una formación más modular, flexible y oficial, que se adapta a ti. Ya no es necesario cursar un ciclo entero para mejorar tu perfil profesional.
Grao | Que é | Que podo facer con el |
---|---|---|
Grao A | Acreditación Parcial de Competencia | Microformacións de 5 a 160 horas. Certifican parte dunha competencia profesional. Podes acumulalas para completar un módulo de Grao B. |
Grao B | Certificado de Competencia | Formación de 30 a 430 horas. Coincide cun módulo profesional. Da acceso a un Grao C. |
Grao C | Certificado Profesional | Título oficial completo que acredita unha cualificación profesional. |
Grao D | Ciclos Formativos Regrados (FP Básica, Medio y Superior) | Formación estructurada en tres niveis: FP Básica, Grao Medio e Grao Superior. Podes obter títulos oficiais, traballar ou avanzar ao Grao E ou á universidade. |
Grao E | Cursos de Especialización (Grao Superior) | Formación avanzada tras un título de Grao Superior. Permíteche especializarte nunha área moi concreta ou acceder á universidade. |
Estudaches ou traballaches fai 10, 15 ou 20 anos?
- Podes acreditar oficialmente a túa experiencia laboral.
- Podes retomar e completar titulacións antigas.
- Podes sumar módulos novos sen facer unha FP completa.
- Podes mellorar o teu perfil profesional sen complicacións.
E se xa tes unha FP de antes?
FP1 e FP2 = Grao D → Podes actualizar módulos ou engadir especializacións.
Ventaxas do novo sistema
- Modular: estuda por partes, ao teu ritmo.
- Flexible: compatible con traballo e familia.
- Gratuíto: os cursos AFD están subvencionados.
- Oficial: títulos válidos en todo o territorio nacional.